lunes, 2 de noviembre de 2009

Fun e mais voltei pero nunca me decatei nin da festa, nin do cartel

As festas e mailas tradicións galegas pasan diante nosa sen facer ruido, algo moi propio dos galegos...que sen estar, estamos en todo.

E sen cambiar de póla, imos de estrea: Novembro. E xa o di o refrán: Bendito o mes que empeza con Tódolos Santos e remata con San Andrés. Qué sería de nós sen os Martiños e cadanseus porquiños; sen as castañas roubadas ó veciño e asadas no lume de cen pólas; sen os cocidiños dos domingos que tan ben contrarrestan as coceduras dos sábados; dunha boa taza de caldo para apacigua-lo catarro.

Tempo de arrexuntamento ó redor da lareira, de lembranzas, de frío e días curtos.
Un mes "meigalleiro" que empeza con mortos e vai paseniño cara o San Andrés de Teixido...Teño a teima de crer, que por algo será.

2 comentarios:

  1. Encantoume, Ra!!!
    Para mín o outono é xenial por esas pequenas cousiñas que ten! Caldo, castañas... e mandarinas!!!!
    Bicos e ata pronto (espero).

    ResponderEliminar
  2. Buenos días Raquel,
    Enhorabuena por tu blog.
    Saludos. Gloria

    ResponderEliminar